O Celta acepta a oferta do AEK para o traspaso de Orbelín Pineda
O club vigués ingresará uns cinco millóns de euros, a meirande fichaxe da historia do club grego
Orbelín Pineda xogará as vindeiras catro temporadas no AEK de Atenas. O club grego fixo oficial a fichaxe do xogador mexicano despois de telo como cedido a campaña pasada.
O rendemento de Orbelín a temporada anterior foi sobresaínte. Marcou 10 goles e foi o mellor xogador do campionato grego. O AEK de Atenas gañou a liga despois de moitos anos e terá a posibilidade de pelexar por un posto na Champions.
O paso de Orbelín polo Celta foi fugaz. Chegou en xaneiro de 2022 como axente libre. Pero nunca foi da confianza de Coudet e apenas tivo minutos en media temporada. De feito, o club buscou unha cesión porque a situación non ía cambiar. Agora saca uns cinco millóns de euros polo seu traspaso, beneficio económico sen rendemento deportivo.