Publicador de contidos

O Celta acaba a xornada en postos de descenso

O Celta acaba a xornada en postos de descenso

A vitoria do As Palmas relégao á 18ª praza

Foto EFE
G24.gal 25/09/2023 13:41 Última actualización 25/09/2023 13:47

As boas sensacións e o convincente xogo despregado polo Celta no arranque de Liga non lle bastou ao equipo de Benítez para abandonar os postos de cola da clasificación.

Transcorridas seis xornadas, o conxunto vigués volve a postos de descenso, posición que non ocupaba desde que perdeu contra o Real Madrid na terceira xornada en Balaídos e que ocupou tamén tras a derrota encaixada contra Osasuna no duelo inaugural de LaLiga. O Celta é agora décimo oitavo, cos mesmos puntos que o Sevilla, décimo sétimo, aínda que cun partido máis que o equipo andaluz.

A vitoria das Palmas fronte ao Selecta relegou ao equipo de Benítez á zona vermella, que ocupan agora o cadro nazarí e o Almería, único equipo que descoñece a vitoria, cun e dous puntos menos que os celestes, respectivamente.

O equipo vigués contabiliza a sexta xornada de Liga con tres puntos menos dos que sumaba a pasada tempada con Eduardo Coudet.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos