Cargando resultados...
			
		
	
		
	
	
	
		
		
		O Castellón quece o partido de volta: "O Dépor é moi feble fóra"
Alfonso Pastor, porteiro castellonenco: "Eles teñen que sufrir en Castalia, que non saiban de onde lles veñen os tiros"
                            G24.gal
                        
                            06/06/2023 20:47
                        
                        
                        
                        
                    
                    O vindeiro domingo será a quenda do Deportivo, que viaxa a Castalia. Van os branquiazuis coa vantaxe dun gol a Castelló. Terán que mellorar os de Rubén de la Barrera os seus datos a domicilio, xa que na fase regular o Deportivo só logrou cinco vitorias lonxe de Riazor. Un empate tamén lles serve aos coruñeses para pasar de rolda.
O gardameta do Castellón, Alfonso Pastor, non mordeu a lingua para falar do Deportivo: "Son fortes na casa pero moi febles cando xogan fóra. Eles teñen que sufrir en Castalia, que non saiban de onde lles veñen os tiros. Estamos a só un gol de pasar a eliminatoria".
 
         
                
                
				   
             
    
         
                 
    
         
    
         
    
         
            
         
            
                