Publicador de contidos

Publicador de contidos

O canteirán celeste Tincho Conde marcha con destino ao Castellón

O canteirán celeste Tincho Conde marcha con destino ao Castellón

Fixo a primeira parte da pretemporada ás ordes de Claudio Giráldez despois de completar unha gran campaña en 1ª RFEF

G24.gal 07/08/2025 18:25

Tincho Conde (22 anos) realizou parte da pretemporada co primeiro equipo. Pero cando se incorporaron todos os efectivos baixou para seguir co traballo no Fortuna. O xogador e o club entenden que o seu periplo no filial rematou e buscaron unha saída. Non foi en forma de cesión. Será un traspaso ao Castellón que adquire os dereitos do xogador zurdo da canteira celeste. 

Pertencía a unha xeración de ouro do cadro vigués, con Hugo Sotelo ou Hugo Álvarez. Moitos compañeiros deron o salto ao primeiro equipo da man de Claudio. Tincho quedou no filial e o ano pasado, o terceiro no Fortuna, foi un dos xogadores máis determinantes na categoría. 36 partidos, 35 deles como titular e catro goles son números que demostran o pequena que lle queda a Primeira Federación. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade