Publicador de contidos

Publicador de contidos

O buque Cantabria, con base en Ferrol, completa unha misión secreta de abastecemento aos EUA en augas de Groenlandia

O buque Cantabria, con base en Ferrol, completa unha misión secreta de abastecemento aos EUA en augas de Groenlandia

O Ministerio de Defensa evita dar detalles sobre a denominada operación Reyes Magos

Ministerio Defensa Ministerio Defensa
G24.gal 07/01/2026 18:57

O buque de aprovisionamento en combate (BAC) Cantabria, pertencente á Armada Española e con base en Ferrol  zarpou o pasado 1 de xaneiro co obxectivo de abastecer de combustible e subministracións ás forzas estadounidenses en augas de Groenlandia nunha operación denominada Reyes Magos.

Fontes oficiais do Ministerio de Defensa confirmaron a saída do buque a comezos de ano, pero evitaron afondar no alcance da misión, mantendo silencio sobre unha intervención que inicialmente estaba prevista nas inmediacións dos Azores, pero que finalmente se desprazou cara ao mar do Labrador, entre O Canadá e Groenlandia.

O Cantabria recibiu unha contraorde durante a súa navegación

Aínda que o seu destino orixinal era dar apoio a unha unidade de guerra estadounidense en augas máis “temperadas”, o buque foi redirixido cara ao norte para subministrar combustible a un gardacostas de gran porte dos Estados Unidos nas proximidades de Groenlandia.

Este movemento loxístico cobra especial relevancia tras as recentes declaracións da Casa Branca.

O Goberno de Donald Trump manifestou publicamente que estuda “diversas opcións” para exercer control sobre Groenlandia, mencionando mesmo o posible uso das Forzas Armadas para asegurar intereses estratéxicos na rexión ártica.

Tras culminar o transvasamento de subministracións en condicións extremas, espérase que o Cantabria atraque de novo no Arsenal de Ferrol entre este mércores e o xoves.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade