Publicador de contidos
Publicador de contidos

O BNG presenta máis de 30 alegacións ao plan do Goberno para os parques eólicos mariños

O BNG presenta máis de 30 alegacións ao plan do Goberno para os parques eólicos mariños

Os nacionalistas reclaman que se teña en conta o impacto sobre a pesca e que Galicia teña rebaixas na electricidade como compensación

G24.gal 02/04/2024 13:35

O BNG presentou unha trintena de alegacións contra a norma do Goberno que regula os parques eólicos no mar. Os nacionalistas rexeitan que se instalen e din que, no caso de que se leven adiante, se teña en conta o impacto sobre a pesca e Galicia teña rebaixas na electricidade como compensación. 

O portavoz no Congreso, Néstor Rego, insistiu en que "o BNG vai traballar para que non vaia adiante, e que o conxunto do sector pesqueiro e marisqueiro e todo o sector mar industria se mobilicen para defender o seu mar e os ecosistemas mariños e un futuro na costa galega, que non sexa hipotecado e sacrificado para maior lucro dunhas poucas grandes empresas".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade