Publicador de contidos

Publicador de contidos

O BNG continúa en Lalín cos encontros coa cidadanía

O BNG continúa en Lalín cos encontros coa cidadanía

Os nacionalistas din que se trata dun proceso de escoita ante as municipais de 2023

G24.gal 21/05/2022 13:33 Última actualización 21/05/2022 13:38

O Bloque Nacionalista Galego segue coa súa rolda de encontros coa cidadanía. A súa voceira nacional estivo en Lalín, na praza da Igrexa, acompañada por Francisco Vilariño, o voceiro municipal do BNG na capital do Deza.

Os dous mantiveron un encontro con ducias de veciños, aos que lle deron voz, para poder escoitar as súas demandas e achegas.

Os dirixentes nacionalistas abren este proceso de escoita a un ano de que se celebren as eleccións municipais, unha cita na que aspiran a ampliar a listaxe de concellos en que gobernan.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade