Cargando resultados...
O partido co Betis inicia unha parte dura do calendario para o Celta
O equipo de Coudet comezou a preparar o duelo do vindeiro domingo ante o Betis
Logo haberá que enfrontarse a Barcelona e Real Sociedade
G24.gal
26/09/2022 21:28
Volve a competición esta semana á Primeira División e no Celta preparan o próximo encontro ante o Betis. Gonzalo Paciencia xa se adestra co grupo con normalidade. Coudet poderá elixir entre el ou Larsen para acompañar na dianteira a Iago Aspas.
Os celestes queren recuperar o camiño da vitoria tras dúas derrrotas consecutivas en que encaixaron sete goles. Os de Coudet teñen tres puntos de marxe coa zona de descenso e afrontan un calendario difícil. Despois do Betis, chegarán o Barcelona e a Real Sociedade.