O Atlético supera o Inter na queda de penaltis
Memphis igualou a eliminatoria (2-1) no minuto 88
Oblak foi o heroe do cadro madrileño ao deter dous lanzamentos de pena máxima

O Atlético de Madrid pasou aos cuartos da Liga de Campións despois de gañar no Metropolitano ao Inter de Milán (2-1, 3-2 nos penaltis) e volve aos cuartos de final da gran competición continental.
Buscouno de todos os xeitos o equipo de Simeone, que se estrelou contra o muro defensivo que puxo o seu colega Inzaghi. Griezmann ou Morata gozaron de grandes ocasións para levar a eliminatoria á prórroga, pero non estiveron atinados.
O Atlético xogou unha boa primeira metade pero adiantáronse os interistas no minuto 33 cun gol de Dimarco. Pouco tardou en empatar o Atlético, que no 35 igualaba grazas ao francés Griezmann.
Nunca dejes de creer.@AntoGriezmann reanima la eliminatoria. #UCL #LaCasaDelFútbol pic.twitter.com/F07WhkNdn2
— Fútbol en Movistar Plus+ (@MovistarFutbol) March 13, 2024
Seguía precisando outro gol máis o equipo madrileño, pero non atopaba o xeito de bater un Sommer moi seguro na portería. Ata que no 88 Memphis acertou na área a cruzar un remate que levou o partido á prórroga.
Ese control.
— Fútbol en Movistar Plus+ (@MovistarFutbol) March 13, 2024
Esa definición.
En ese momento.@Memphis lo pone todo patas arriba.
👉🦁👈 #UCL #LaCasaDelFútbol pic.twitter.com/qttduatSFA
No tempo suplementario nada quedou decidido e houbo que ir á quenda de penaltis, en queOblak marcou a diferenza. O porteiro do Atlético detivo dous lanzamentos. Iso, e o erro de Lautaro posibilitan que os de Simeone pasen unha eliminatoria moi complicada.