Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Arenteiro remóntalle ao Coruxo e aperta a promoción

O Arenteiro remóntalle ao Coruxo e aperta a promoción

Os dous equipos quedan igualados a 43 puntos na sétima e oitava posición

G24.gal 24/04/2022 21:05

Triunfo vital do Arenteiro para practicamente certificar a permanencia e apertar moito a zona de promoción de ascenso. Os de Fran Justo remontaron o gol inicial de Mateo Míguez grazas aos tantos de Pibe e Víctor Eimil.

Os do Carballiño déronlle a volta ao partido no treito final. Primeiro empatou Pibe, logo dun lanzamento de falta que non tocou ninguén. E, xa no minuto 89, o balón escapoulle das mans a Amigo, e Eimil aproveitou o erro para establecer o 2-1.

Con este resultado os dous equipos quedan igualados a 43 puntos, a dous do Bergantiños que agora mesmo pecha o quinto posto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar