Cargando resultados...
O Arenteiro estrélase contra os paus diante do Arousa (1-1)
O equipo vilagarcián sacou un punto diante dun rival que presionou moito e lanzou tres lanzamentos contra os postes
G24.gal
09/02/2022 21:57
No derbi galego adiado no seu día por casos de coronavirus, o Arenteiro e o Arousa empataron en Espiñedo (1-1). Un partido no que foi moi superior o equipo local pero estrelouse contra os paus. Ademais o Arenteiro protestou dous goles anulados por fóra de xogo.
Logo dun primeiro tempo de dominio local o Arousa marchou en vantaxe grazas ao oportunismo de Luismi. Na segunda metade o Arenteiro presionou e froito do dominio chegou o penalti transformado por Renan Zanelli. No minuto 83 foi expulsado Naveira.