Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Arenteiro empata sen goles en Ganzábal

O Arenteiro empata sen goles en Ganzábal

Terceiro partido consecutivo sen perder dos de Javi Rey

Os ourensáns manteñen o liderado da Segunda Federación, agora con dous puntos de vantaxe sobre o Guijuelo

Foto: @CD_Arenteiro
G24.gal 11/12/2022 15:03

O Arenteiro sumou a terceira xornada consecutiva sen perder, xusto as que leva no banco o novo adestrador, Javi Rey. En Ganzábal sacou un empate sen goles que lle permite manter o liderado, agora con dous puntos de renda sobre o Guijuelo, que non afrouxa.

O Langreo buscaba achegarse aos postos de salvación, nunha situación comprometida. Pero topou coa solidez dun Arenteiro. que non lle permitiu crear accións de verdadeiro perigo. Na primeira metade houbo achegamentos, pero impuxéronse as defensas nas dúas áreas.

Na continuación, o Arenteiro si que dispuxo dalgunha ocasión clara, nun remate de Escobar á saída dun córner que marchou desviado e noutro par de ocasións de Pibe, que tampouco estivo atinado coa portería rival. Ao final, non houbo goles en Ganzábal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar