O Arenteiro é, co Sestao, o único invicto na catro primeiras categorías
O Arenteiro é, co Sestao, o único invicto na catro primeiras categorías
Os do Carballiño gañaron tamén a Copa Federación
Leva 21 partidos consecutivos sen perder
Só quedan dous equipos invictos nas catro principais categorías do fútbol español: o Arenteiro e o Sestao. O mérito dos galegos é que tamén xogaron e gañaron a Copa Federación.
O ideólogo deste Arenteiro é Fran Justo. El conseguiu o ascenso á Segunda Federación, a permanencia a temporada pasada e está a marcar uns rexistros históricos no equipo do Carballiño. É o líder da 2.ª RFEF, gañou a Copa Federación e acaba de eliminar o Almería na Copa. En total, 21 partidos consecutivos sen perder.
"É moi complicado eliminar un equipo de Primeira, e con merecemento" asegurou Justo. O técnico ourensán quixo atribuírlle todo o mérito "aos xogadores" e amosouse moi ledo por lograren a vitoria "diante do noso público".
Na vila, o técnico recoñeceu que había unha mensaxe:
"Desde a ignorancia atrevida, cando menos, iamos competir".