O Arenteiro certifica o ascenso con números de récord
Invicto ata agora como visitante
Só perdeu dous partidos no Espiñedo: na Liga e na Copa
O Arenteiro só precisaba un punto para certificalo e logrouno logo de empatar co Ourense C. F. Non foi no Espiñedo, pero parecíao, 2.000 afeccionados tinguiron de verde as bancadas do Couto.
Javi Rey: "É algo incrible. Este é o Arenteiro, unha comuñón de xogadores, afeccionados, corpo técnico".
Invicto como visitante, o Arenteiro só perdeu un partido como local en toda a temporada. 19 vitorias e 6 empates ata o momento. Unha temporada histórica na que só perdeu outro encontro, na Copa do Rei, fronte ao Atlético de Madrid, logo de eliminar outro primeira, o Almería, e alzarse co título na Copa Federación.
Argimiro Marnotes: "Ver estes rapaces, a historia que acaban de facer. Imos gozalo".
A festa comezou no campo do Couto e continuou polas rúas do Carballiño, e prolongarase nos próximos días.