O antídoto contra o Barcelona chámase Iago Aspas
O capitán podería ser a novidade diante dun equipo ao que lle marcou dez goles
Benítez perde a Manquillo por lesión e Bamba non volveu da Costa de Marfil
O Barcelona non perde en Liga como visitante desde que o fixera en Vigo o ano pasado
Despois de dúas suplencias seguidas e de ser protagonista en Xetafe cabe preguntarse se Iago Aspas volverá á titularidade contra o Barcelona. Benítez pono á mesma altura cos demais pero busca a súa complicidade. O técnico tratou cos xogadores sobre os erros que custan partidos.
Chega o Barcelona e trae á memoria o partido agónico para a permanencia, o último que perdeu fóra na liga. Benítez non disporá do lateral Manquillo e o seu bo desempeño nestes primeiros partidos. Tampouco volveu Bamba de África.
O que recupera o Celta é o céspede. É o cuarto intento. Se cadra vai desta.