Publicador de contidos

Publicador de contidos

O acusado do crime de Valga será xulgado por tres delitos de asasinato

O acusado do crime de Valga será xulgado por tres delitos de asasinato

A Fiscalía e as acusacións particulares, exercidas pola familia das vítimas e pola fundación Amigos de Galicia, solicitarán para el a prisión permanente revisable

Imaxe de arquivo do acusado. Imaxe de arquivo do acusado.
G24.gal 01/09/2022 16:13

O acusado do triplo crime de Valga (Pontevedra), José Luis Abet, será xulgado por tres delitos de asasinato, segundo recolle o auto de apertura de xuízo oral que emitiu a titular do Xulgado de Instrución número 2 de Caldas de Reis este xoves.

Ademais de imputarlle os asasinatos da súa exmuller, Sandra B.J., de 39 anos; da irmá desta, Alba B.J., de 27 anos, e da nai de ambas, María Elena J.F., de 57 anos; Abet enfróntase a un delito de tenza ilícita de armas, pola pistola que usou para matalas.

O crime, que se produciu en setembro de 2019 nas inmediacións da casa de Sandra B.J., cometeuse diante dos dous fillos da parella, que entón tiñan 7 e 4 anos, polo que a xuíza engade á acusación dous delitos de lesións psíquicas graves.

A Fiscalía e as acusacións particulares, exercidas pola familia das vítimas e pola fundación Amigos de Galicia, solicitarán para el a prisión permanente revisable.

A defensa: "Non é autor de infracción ou actuar punible algún"

A defensa de José Luis Abet, pola súa banda, presentou un escrito en que alega que o seu cliente "non é autor de infracción ou actuar punible algún" e, no caso que sexa condenado, solicita que o sexa por tres delitos de homicidio, pola morte das tres mulleres.

Aceptarían a maiores o delito de tenza ilícita de armas e rebaixarían os danos producidos aos seus fillos a dous delitos de lesións.

O xuízo, aínda sen data, celebrarase na Audiencia de Pontevedra con xurado popular.

En presenza dos fillos

Abet, segundo consta no auto, acudiu o 16 de setembro de 2019 ao domicilio onde a súa exmuller residía cos seus dous fillos, en Cordeiro (Valga), tras adquirir previamente un revólver co número de identificación borrado e unha caixa completa de munición.

Cando a vítima se dispoñía a levar os nenos ao colexio, o seu exmarido bloqueoulle a saída do garaxe co seu coche e disparoulle catro tiros a través da xanela, un na cara, dúas no pescozo e un cuarto no peito, todo iso en presenza dos seus fillos.

Tras matar a súa exmuller, o autor confeso do crime subiu no coche e marchou pero, ao cruzarse co coche en que chegaban o seu excuñada e a súa exsogra, que recibiran unha chamada de socorro por parte da vítima, deu media volta e seguiunas ata a vivenda.

Ao chegar, segundo relata a auto xudicial, o acusado recargou o revólver e sorprendeu as dúas mulleres cando tentaban socorrer a Sandra B.J., disparando sete veces contra elas -na cabeza e no peito- e matándoas no acto.

José Luis Abet "quixo expresamente" que os seus dous fillos, que trataron de esconderse nas proximidades, "presenciasen como mataba a súa exmuller, nai dos menores razón pola que realizou o crime cando se dispoñían a ir ao colexio", engade a resolución.

Como consecuencia de presenciar como o seu pai matou a súa nai, a súa tía e a súa avoa, os menores resultaron con graves danos psicolóxicos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade