O 17 % dos traballadores quere cambiar de emprego, segundo un portal de emprego
O 17 % dos traballadores quere cambiar de emprego, segundo un portal de emprego
O 17 % dos traballadores en activo queren cambiar de emprego, segundo un informe que acaba de publicar Infojobs.
O salario é, segundo o informe, a motivación principal, especialmente entre os menores de 35 anos, onde a porcentaxe de interesados en cambiar de traballo sobe do 30 %.
A partir dos 1.500 euros de salario, comezan a primar outras motivacións: crecemento persoal, flexibilidade horaria, facilidades de conciliación ou reducir o estrés.
A medida que avanza a idade, mudan tamén as prioridades. A estabilidade laboral non é determinante para os máis novos.
Eva Castro, Directora de Randstad en Ourense: "E sobre todo despois da pandemia, que a xente valora máis a calidade de vida, teletraballo... non tanto a estabilidade".
No caso das mulleres, a porcentaxe é superior. Unha de cada cinco quere cambiar de emprego.