Publicador de contidos

Publicador de contidos

No Celta intensifican o traballo para perfilar o equipo de cara á pretemporada

No Celta intensifican o traballo para perfilar o equipo de cara á pretemporada

Marco Garcés ten que liberar masa salarial para afrontar fichaxes e facer contratos profesionais aos canteiráns

G24.gal 29/05/2025 15:08 Última actualización 29/05/2025 15:14

Mentres aínda resoan as celebracións, na Sede do Celta intensifícase o traballo para perfilar o equipo de cara á pretemporada que se inicia a primeiros de xullo. É momento de tomar decisións.

Por unha parte sobre os xogadores que rematan contrato: Guaita, Manquillo, Jailson, Alfon e Carreira. De todos eles o que semella ter máis opcións de continuar é o vigués. Se Guaita marcha o Celta debe incorporar un porteiro.

Tamén finalizan cesión Borja Iglesias, Ilaix Moriba e Iker Losada. No caso do guineano e o santiagués, Claudio expresou en varias ocasións que lle gustaría seguir contando con eles. Na cesión de Moriba existe unha clausula ata o 15 de xuño que lle permitiría ao Celta compralo por seis millóns. Pero hai máis clubs interesados, polo que toca negociar. Igual que por Borja. Non hai cláusula pero está no último ano de contrato co Betis.

Ademais a recolocación dos descartes pode condicionar o número de contratacións. Volven Unai Núñez, Carles Pérez, Manu Sánchez, Aidoo, Dotor e Javi Rueda. Este último pode ser o único que teña encaixe no actual plantel tras asinar unha excelente temporada no Albacete.

Será outra das tarefas importantes para Marco Garcés: liberar masa salarial para afrontar fichaxes e facer contratos profesionais aos canteiráns que estiveron en dinámica do primeiro equipo con ficha do filial. Caso de Javi Rodríguez, Fer López ou Yoel Lago. Asi pois moito traballo por diante para encaixar as pezas que conformen este Celta europeo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade