Os resultados dos rivais fan que o Celta afronte o partido do Cádiz "como unha final"
Os triunfos de Xetafe e Valladolid apertan a zona de descenso, na que o Celta ten dous puntos de marxe
Aínda que perda en Mirandilla chegará á última xornada dependendo de si mesmo
Pode ser a parada da permanencia ou non, porque 40 puntos son se cadra insuficientes. No Celta repiten que os dous partidos que quedan, Cádiz e Barcelona, son dúas finais.
Contra o Xirona sumou un punto logo de catro derrotas. A bancada pronunciouse contra o presidente Mouriño pero a salvación aínda non está feita. En Cádiz agarda outra tarde de agonía neste final de temporada que tan longo se lle fai ao Celta.
As contas
O Celta ten 40 puntos, dous de marxe coa zona de descenso á falta de dúas xornadas. Un triunfo ante o Cádiz acaba co problema: a salvación sería matemática. Cun empate habería que facer moitas contas para a última xornada pero en todos os casos o Celta chegaría dependendo de si mesmo diante dun Barcelona que semella dar a temporada por finalizada.
O Celta ten a diferenza de goles perdida co Almería e o Xetafe, gañada ao Valladolid e co Cádiz decidirase o vindeiro domingo.
Para triplos empates hai que agardar, porque quedan pendentes ata cinco enfrontamentos entre equipos implicados nas dúas últimas xornadas.