O Celta fai oficial o traspaso de Nestor Araújo ao América
O Celta percibirá catro millóns de euros polo traspaso
Nestor Araújo chega ao equipo mais laureado de Mexico con 35 títulos.
Araújo puxo o punto e final a catro anos como celeste. Remataba a súa relación en xuño de 2023.
O Celta percibirá catro millóns de euros polo traspaso. Araújo fará 31 anos en agosto e estará no mundial de Qatar coa selección que dirixe Tata Martino.
O Celta fíxoo oficial:
"O R. C. Celta chegou a un acordo co Club América de México para o traspaso do defensa central Néstor Araújo. O defensor mexicano, que chegou a Vigo na tempada 2018/2019, disputou un total de 136 partidos como xogador do RC Celta, anotando catro goles e converténdose, neste tempo, nun fixo na súa selección nacional"
"O R. C. Celta quere agradecerlle a súa profesionalidade, entrega e compromiso durante estes anos e desexarlle moita sorte e éxito na súa nova etapa profesional e persoal"
🚨 ¡ALERTA ÁGUILAS! 🚨 #SomosAmérica 🦅 pic.twitter.com/u8L0CIIifq
— Club América (@ClubAmerica) June 24, 2022