Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morren dez persoas, entre elas cinco nenos, no incendio dun edificio en Lyon

Morren dez persoas, entre elas cinco nenos, no incendio dun edificio en Lyon

Os nenos falecidos tiñan entre tres e quince anos

Outras catorce persoas están feridas, delas catro en estado crítico

G24.gal 16/12/2022 08:33 Última actualización 16/12/2022 14:13

Polo menos dez persoas morreron, entre elas cinco nenos, no incendio dunha vivenda ocorrido este madrugada no leste de Francia, informaron as autoridades. Outras catorce persoas están feridas, delas catro en estado crítico e dous bombeiros en estado leve.

Os nenos falecidos tiñan entre tres e quince anos. O incendio comezou na planta baixa pouco despois das 03:00 hora local (02:00 GMT) e propagouse rapidamente aos tres pisos superiores dun edificio de sete plantas na localidade de Vaulx en Velin, na periferia da cidade de Lyon, detallou a prefectura nun comunicado.

A importancia do incendio fixo que se enviasen 170 bombeiros, que traballaron en condicións "extremadamente difíciles", sinalou o ministro do Interior Gérald Darmanin nunhas declaracións á prensa.

Darmanin dixo que polo de agora se descoñecen as causas do sinistro, sobre as que xa se abriu unha investigación, e que esta mesma mañá viaxará á zona para supervisar a acción dos servizos de rescate e investigación, nun edificio que está acordoado.

Un portavoz dos bombeiros sinalou que a propagación do lume foi "extremadamente rápida" e lembrou que neste tipo de incendios a propagación do fume polas escaleiras fai "moi difícil" a evacuación.

A fiscalía de Lyon abriu unha investigación, e non se descarta ningunha hipótese, incluso a criminal. Existen denuncias de que nos baixos do edificio se traficaba con droga. Un equipo de psicólogos atende os damnificados polo incendio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade