Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morre Nicolás Redondo, histórico líder da UGT

Morre Nicolás Redondo, histórico líder da UGT

Faleceu en Madrid aos 95 anos

Foi secretario xeral do sindicato entre 1976 e 1994, pero xa exercía como máximo responsable desde 1971

Durante unha década foi deputado socialista no Congreso

Imaxe de arquivo da UGT
G24.gal 04/01/2023 04:39 Última actualización 04/01/2023 08:56

Morre o histórico sindicalista e político vasco Nicolás Redondo Urbieta. Tiña 95 anos.

Con 18 anos, traballando na metalurxia, afiliouse ao PSOE e á UXT, comezando así toda unha vida dedicada á defensa dos traballadores. 

O actual secretario xeral, Pepe Álvarez, destacou de Redondo o seu compromiso, coherencia e valentía.

Afiliado ao PSOE e a UGT desde 1945, foi detido e procesado polo réxime de Franco en numerosas ocasións pola súa actividade política e sindical, que mantivo durante case medio século.

Estivo 23 anos á fronte da central uxetista, desde 1971 ata 1994, cando deixou paso a Cándido Méndez.

Membro da Comisión Executiva do PSOE entre 1970 e 1977, no congreso de Suresnes renunciou a lideralo en favor de Felipe González. Foi deputado no Congreso por Biscaia desde 1977 ata 1987, cando renunciou ao escano logo de votar en contra dos Presupostos Xerais do Estado do ano seguinte.

A oposición da UGT que el lideraba á política económica do Goberno socialista chegou ao punto álxido coa folga xeral de decembro de 1988, convocada canda a Comisiones Obreras. Convocoulle outras dúas.

Entre outras distincións recibiu a Gran Cruz da Orde do Mérito Civil ou a Cruz de Comendador da Orde do Mérito da República Federal de Alemaña e era oficial da Lexión de Honra do Goberno francés.

Reaccións ao falecemento

A UGT amosou o seu pesar pola morte de quen foi o seu líder.

O seu secretario xeral, Pepe Álvarez, lémbrao como un home comprometido, coherente e valente. E o de CC.OO, Unai Sordo, destaca que dedicou a vida á defensa dos traballadores.

Tamén se pronunciou o PSOE.

A vicepresidenta segunda e ministra de Traballo, Yolanda Díaz, di que deixa atrás unha vida consagrada á defensa das persoas traballadoras, das liberdades e da democracia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade