Publicador de contidos

Publicador de contidos

Miguel Román: "Cando estaba no Choco non pensaba que podía pasar isto, non o imaxinaba"

Miguel Román: "Cando estaba no Choco non pensaba que podía pasar isto, non o imaxinaba"

O de Gondomar vai culminando etapas en moi pouco tempo: debut en Primeira, estrea en Europa, e o primeiro gol na elite

G24.gal 13/11/2025 13:03 Última actualización 13/11/2025 13:34

O último gol que Miguel Román celebrara foi en Primeira Federación. No segundo dos seus dous anos na Celta Fortuna, nun partido diante do Osasuna Promesas. Entón, era o mes de maio deste mesmo ano. Desde aquela data apenas pasaron cinco meses, pero na vida do gondomarés apiñáronse as novidades: pretemporada co primeiro equipo, ficha co Celta, debut en Primeira, estrea en Europa, e o primeiro gol na elite.

"Cando estaba no Choco non pensaba que podía pasar isto, non o imaxinaba. Unha alegría polas oportunidades"

Miguel Román, que resultou determinante en Zagreb, foi un dos xogadores que se lle escaparon ao radar do Celta na etapa de formación, pero a dirección deportiva rescatouno desde o Pontevedra no verán do 2023 e, desde entón, non parou de crecer vestido de celeste. O mediocentro foi unha das sorpresas positivas do verán e, chegada a competición, fíxose un sitio no elenco de cinco mediocentros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos