Publicador de contidos

Publicador de contidos

Miguel Rodríguez volve á lista para afrontar o último amigable da pretemporada

Miguel Rodríguez volve á lista para afrontar o último amigable da pretemporada

O Celta xoga en Santiago o Memorial Antonio Bermúdez diante do Compostela (martes, 20:00 horas, G2 e G24)

G24.gal 07/08/2023 21:44

O Celta afronta en Santiago o último amigable da pretemporada. Será diante do Compostela (20:00 horas na G2 e G24.gal/deportes) e apunta a que Benítez empregará o partido para darlle a oportunidade a aqueles xogadores que xogaron menos minutos diante do Wolfsburgo. 

Na lista do adestrador hai dúas novidades. A de José Fontán, ao que o club intenta ceder, e Miguel Rodríguez, que estivo presenciando o partido do Celta Fortuna diante do Arenteiro o pasado sábado e non foi convocado co primeiro equipo. Miguel saía dunha lesión e para el tamén é unha cita importante para coller ritmo de competición. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade