Medra a preocupación entre o celtismo na recta final de liga
As catro derrotas consecutivas fixeron medrar a preocupación
Esta tarde ten un partido decisivo ante o Xirona
Quedan 3 partidos, 9 puntos en xogo e o Celta ten 4 de marxe sobre o descenso pero o celtismo non está tranquilo.
Santiago Rodríguez (65 anos como socio): "Non,non, para nada. Collemos unha xeira boa co cambio de adestrador pero a evidencia está aquí".
Jose González (Peña Irmandiños 1923): "Penso que se vai conseguir pero nervios hai".
Víctor Montero (Peña Carcamáns): "A inquedanza está aí pero a clasifiación e o calendario van refrendar a permanencia".
As catro derrotas consecutivas fixeron medrar a preocupación.
Jose González (Peña Irmandiños 1923): "Visto o xogo do equipo nos últimos partidos tes medo do que poida pasar porque os de abaixo están gañando".
Víctor Montero (Peña Carcamáns): "As sensacións son moi malas".
Santiago Rodríguez (65 anos como socio): "A un equipo de 1ª División non se lle poden marcar tantos goles nada máis comezar o partido".
Jose González (Peña Irmandiños 1923): "O partido da fin de semana vai ser moi complicado. Hoxe hai que conseguir a vitoria sexa como sexa".
Outro aspecto que pode beneficiar ao Celta son os enfrontamentos entre rivais directos na loita pola permanencia.
Víctor Montero (Peña Carcamáns): "A situación do calendario non é propicia para que o Celta descenda. Eses enfrontamentos van facer que sumen menos puntos. Penso que o Celta vai conseguir a permanencia non por méritos propios, senón deméritos dos rivais".
Santiago Rodríguez (65 anos como socio): "Esperemos que hoxe todos os afeccionados estén co Celta e cando acabe a temporada haberá tempo de decir as cousas como hai que dicilas".
O celtismo quere festexar o centenario en primeira.