Publicador de contidos

Publicador de contidos

Media hora primorosa do mellor Deportivo da temporada (3-1)

Media hora primorosa do mellor Deportivo da temporada (3-1)

Gañoulle ao Almería con goles de Eddahchouri, Yeremay e Mella nos primeiros trinta minutos

Segue a traxectoria ascendente do equipo coruñés, que xa é décimo na clasificación

G24.gal 09/02/2025 20:04 Última actualización 09/02/2025 20:26

O mellor Deportivo da temporada apareceu diante do mellor rival da categoría. O Almería viuse totalmente desbordado pola velocidade dun conxunto coruñés que marcou tres goles na media hora inicial.

Cando xoga na casa ao Dépor cústalle superar defensas pechadas, pero o Almería é dos equipos que non se mete atrás e vai buscar o partido desde o comezo, un xeito que lle vai como anel ao dedo ao estilo dos de Gilsanz. 

Avisou Yeremay e marcou Eddahchouri no seu primeiro partido como titular. Un disparo desde a frontal que entrou pegado ao poste. A xogada tivo que revisarse no VAR por un posible fóra de xogo pero o gol subiu ao marcador. Aos 27 minutos nunha gran xogada combinativa Yeremay anotou o segundo. E no 31, en plena borracheira futbolística do Deportivo Mella marcou o mellor da tarde cun remate pegado ao pau. 

O Almería quedou contra as cordas e nas poucas ocasións que tivo atopou un Helton moi inspirado. Na segunda parte os de Rubi tentárono nunha saída en tromba pero nin Luis Suárez nin Lázaro Vinicius atinaron coa porta deportivista. Á contra Eddahchouri e Yeremay (salvou Edgar baixo paus) levaban o perigo para o Deportivo. 

O partido estabilizouse conforme pasaban os minutos e o Almería vía imposible marcar ese gol que os metese no partido. Helton sacou un par de mans moi boas e Riazor viviu un final de partido de celebración. A estrea de Denis -entrou no minuto 80- e o gol de Luís Suárez no 93 completaron unha tarde vitoriosa que lle serve ao Deportivo para sumar o segundo triunfo seguido e colocarse no décimo posto. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade