Mateo prolonga a serie vitoriosa do Coruxo cun gol no último minuto
Cuarto triunfo consecutivo do cadro vigués, que se mantén a un punto da promoción de ascenso
Había case dous anos que Mateo Míguez non celebraba un gol nun partido oficial. Chegou ese no último minuto do partido contra o Covadonga para manter a serie vitoriosa. O Coruxo gañou os últimos catro partidos e mantivo a súa portería a cero.
O Covadonga poñía moito en xogo no partido, porque a permanencia pasaba por un triunfo. Os de David de Dios tiveron que facer un gran traballo defensivo para aguantar as acometidas locais. Tardou en aparecer o cadro vigués pola zona de ataque, pero diante dun rival debrocado acabaron aproveitando ocos na defensa do Covadonga.
Parecía que ía rematar con empate sen goles o partido, cando Mateo Míguez sorprendeu cun remate que pasou por debaixo do corpo do porteiro local.