Publicador de contidos

Publicador de contidos

Mario Soriano, en conversa coa Radio Galega: "Este mes de marzo vai ser vital"

Mario Soriano, en conversa coa Radio Galega: "Este mes de marzo vai ser vital"

O xogador do Deportivo falou sobre o momento do equipo, a cesión ao Éibar a tempada pasada e os seus hábitos saudables para ter un mellor rendemento deportivo

G24.gal 13/03/2025 22:14

Mario Soriano pasou polos micrófonos de Ao contraataque. O centrocampista do Deportivo concedeu unha extensa entrevista na que tratou todos os temas de actualidade do club coruñés e nos que recordou a súa carreira. 

O Joker considera decisivo este mes de marzo. Por diante veñen partidos diante do Castellón, Cartaxena e Rácing de Ferrol. "De gañalos poderiamos meternos na pelexa cos de arriba. Este mes de marzo é vital, tanto para o bo como para o malo", considera Soriano. 

O xogador coruñés fixo un repaso pola súa traxectoria. Converteuse nun ídolo do deportivismo nas dúas tempadas que xogou en 1ª RFEF pero o ano pasado decidiu marchar cedido ao Éibar para xogar nunha categoría superior, algo que non entendeu toda a afección. "Calquera que estivese na miña situación tería feito o mesmo, incluso os que me critican", recoñeceu Mario Soriano. 

Diante das preguntas dos oíntes contou os hábitos saudables que realiza ao longo do día. O xaxún intermitente, as luces vermellas que ten na casa no lugar das convencionais ou os paseos que dá pola praia ou polo campo en contacto directo coa natureza, algo para o que A Coruña é unha cidade perfecta. "Xa teño convencido a algún compañeiro de que me acompañe" recoñeceu Soriano. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade