Cargando resultados...
Mario Rodríguez toma cumprida revancha cun dobrete ante o Ourense C. F.
Mario Rodríguez toma cumprida revancha cun dobrete ante o Ourense C. F.
Mancárase no partido da primeira volta e decidiu o da segunda (2-1)
G24.gal
05/02/2023 20:53
O Compostela acaba a xornada como segundo clasificado co triunfo por 2-1 contra o Ourense C. F. O partido resolveuno o dianteiro Mario Rodríguez cun dobrete.
No partido da primeira volta Mario mancárase de certa consideración e faltou durante varias semanas nas convocatorias do equipo de Fabiano Soares. Unha vez recuperado, está a ser o xogador máis determinante do Compos. Xunto a el estivo Jordan a gran nivel, dando os dous pases de gol ao dianteiro.
O Ourense nunca deu o seu brazo a torcer. Ameazou cun disparo de Gabri Palmás ao traveseiro e acurtou diferenzas na segunda grazas á entrada de Amin, que fixo un centro rematado por Crespo cara á súa propia porta.