Marián Mouriño: "Con Claudio péchase o círculo de identidade, de canteira. É a guinda do pastel"
Marián Mouriño: "Con Claudio péchase o círculo de identidade, de canteira. É a guinda do pastel"
Garcés anunciou a renovación de Hugo Álvarez por unha temporada máis
O club pechará o exercicio económico con resultado "negativo, pero asumible" e o CEO, José Gainzarain, destaca que a entidade goza de "moi boa saúde"
A presidenta do Celta, Marián Mouriño, compareceu este xoves nunha rolda de prensa na que fixo balance do tempo que leva á fronte do club, un ano na práctica. Ademais, acompañada do director de fútbol da entidade, Marco Garcés, e do CEO da mesma, José Gainzarain, abordou diferentes cuestións da actualidade da entidade.
Na súa introdución, e tras mandar unha mensaxe de solidariedade a Portugal polos incendios, as súas primeiras palabras foron para o celtismo, ao que agradece "un ano emocionante".
"Estamos a facer un Celta de todos, máis forte".
Sobre que significou a chegada de Claudio (próximo a renovar), tivo estas palabras.
"Deu este 'colocón' que viñamos vivindo, que empezou co himno, o centenario, xerouse unha ilusión, percibiuse unha apertura do club, unha proximidade...".
"Con Claudio péchase o círculo de identidade, de canteira. É a guinda do pastel".
José Gainzarain non quixo dar cifras sobre o exercicio económico, alegando que os primeiros en ter coñecemento dos datos concretos deben ser os accionistas na última xunta, con todo, si fixo algún avance:
"O resultado do pasado exercicio é negativo, pero asumible".
Cualifica a saúde económica da entidade como "moi boa, con débeda cero", aínda que están "aínda pechando o ano, auditorías".
Recoñece a presidenta "conversas con Paços de Ferreira como con outros club".
"Temos que ter alianzas para a formación e estamos a traballar niso, con conversacións. Aínda non estamos nesa fase (se sería unha porcentaxe importante ou testemuñal)"