Cargando resultados...
Marco Garcés dá por pechado o equipo
Aidoo nin Cervi son xogadores que están na porta de saída

G24.gal
21/08/2025 12:41
Última actualización 21/08/2025 12:50
O mercado de fichaxes remata o día un de setembro. O Celta xogará tres partidos ata ese momento. E en principio ninguén se move en Casa Celta: nin Aidoo nin Cervi. Son xogadores que están na porta de saída, con final de contrato en xuño do ano que vén. En xaneiro unha rescisión sería mais barata.
Agora é un problema, entre ambos suman un salario superior aos tres millóns de euros. Antes de entrar deben deixar saír. Pero ninguén sae do Celta e Marco Garcés dá por pechado o equipo.
Claro que os resultados dos próximos encontros co Mallorca, Betis e Vilarreal, poden darlle unha volta a todo.