Publicador de contidos

Publicador de contidos

Marcha ao Atlético Javi Galán, o xogador máis utilizado os dous últimos anos

Marcha ao Atlético Javi Galán, o xogador máis utilizado os dous últimos anos

O Celta perde o seu lateral esquerdo titular, pero recupera o investimento e engade o prometedor Manu Sánchez

G24.gal 03/07/2023 17:10

Javi Galán pasou o recoñecemento médico e asinou o contrato que o une ao Atlético ata o ano 2026. O Celta recibirá agora uns 4 millóns de euros (poderían chegar a 5) e o lateral Manu Sánchez, concentrado coa selección Sub-21 no Europeo. 

Marcha un xogador que deu un gran rendemento nestes dous anos. Os datos falan do xogador de campo máis utilizado, tanto por Coudet como por Carvalhal (superou as dúas temporadas os 3.000 minutos). Un indiscutible na banda esquerda que vai ter a oportunidade de xogar nun equipo de nivel Champions. 

O Celta recupera o que gastou no seu día para traelo do Huesca e asina un xogador de futuro como é Manu Sánchez, con experiencia en Primeira División. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade