Cargando resultados...
Marc Carbó debutará no fútbol profesional co Lugo
Carlos Pita presentou un centrocampista de longo percorrido que xogaba no San Fernando
G24.gal
08/07/2022 21:47
O Lugo segue coa presentación das súas novas fichaxes. O último en chegar é o centrocampista catalán Marc Carbó. Debutará no fútbol profesional, ao que chega con vinte e oito anos. Xogaba no San Fernando, da Primeira Federación.
Ten experiencia na antiga Segunda B: no Badalona, no Mérida. El defínese coma un xogador con percorrido, de área a área. Tamén escoitamos que equipo quere facer Pita, o Director Deportivo. O ex capitán quere un cadro de xogadores curto e tirar moito da canteira.