O persoal de confianza agranda a fenda no PSdeG en Santiago
O persoal de confianza agranda a fenda no PSdeG en Santiago
Os concelleiros que non acataron a disciplina de voto coas vivendas turísticas néganse agora a cambiar o seu persoal de confianza, como lles reclama o partido
Continúa a crise interna aberta no PSdeG en Santiago. Os concelleiros que non acataron a disciplina de voto no caso das vivendas turísticas, e para os que a executiva local propón medidas disciplinarias, néganse agora a cambiar o seu persoal de confianza, como lles reclama o partido. A executiva local propón medidas disciplinarias para todos eles.
Os edís díscolos participaron esta mañá nun pleno municipal, onde rexeitaron facer declaracións. Tampouco falou o secretario xeral do partido en Galicia. No Parlamento, a deputada Paloma Castro, aseguraba que non lle correspondía a ela falar dese tema.