Publicador de contidos

Publicador de contidos

Máis de 40 presos morren nun cárcere de Ecuador tras un motín entre bandas rivais

Máis de 40 presos morren nun cárcere de Ecuador tras un motín entre bandas rivais

A revolta permitiu a fuxida de máis de 200 presos e máis dun cento deles seguen a ser buscados pola policía

G24.gal 10/05/2022 08:00

Máis de corenta presos morreron nun cárcere de Ecuador tras un motín desatado por un novo enfrontamento entre bandas rivais.

A revolta permitiu a fuxida de máis de 200 presos, e máis dun cento deles seguen aínda sendo buscados pola policía. 

Os sucesos aconteceron no cárcere de Santo Domingo, con capacidade para algo máis de 900 presos pero no que hai en realidade mais de 1.600. 
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade