Cargando resultados...
Mackay, amolado co Deportivo: "Moléstame non aparecer na bufanda do ascenso"
O porteiro do Eldense era o capitán do equipo e marchou no mes de xaneiro
G24.gal
23/05/2024 20:24
O excapitán deportivista, Ian Mackay, agora porteiro do Eldense na Segunda División séntese molesto co Deportivo. O club sacou á venda bufandas e camisetas conmemorativas cos nomes dos heroes do ascenso e nelas non aparece o seu nome. Mackay, que xogou na primeira parte da temporada, antes da súa marcha no mercado invernal, non comparte este detalle do club, pero agradece as chamadas dos seus excompañeiros de equipo.
"Que fagan o que queiran. Pasei páxina desde que marchei".
"A realidade é que non me pareceu ben o da bufanda, sendo capitán e sendo de alí, pero os seus motivos terán e eles saberán".