Cargando resultados...
Loito no fútbol español polo falecemento do porteiro do Colindres
Raúl Ramírez faleceu este luns despois do golpe sufrido no partido disputado do pasado sábado
O CD Colindres agradeceu nas súas redes sociáis as mostras de cariño recibidas no día de hoxe

G24.gal
29/09/2025 23:44
Raúl Ramirez, gardameta do Clube Deportivo Colindres, equipo do grupo cántabro da 3ª Federación faleceu este luns despois de sufrir un golpe fortuíto na cabeza no partido disputado polo seu equipo o pasado sábado ante o Revilla de Camargo. Ramirez foi ingresado na UCI do hospital de Valdecilla, en Santander. O xove xogador sufriu unha parada cardiorrespiratoria no propio campo e outra na ambulancia cando ía de camiño ao centro hospitalario onde faleceu este luns.