Cargando resultados...
León XIV comeza a marcar un novo rumbo de goberno no Vaticano
"Estou aquí para escoitar", dixo o papa no seu primeiro Consistorio extraordinario
Quere celebrar un cumio cos cardeais cada ano
G24.gal
17/01/2026 15:30
Última actualización 16/01/2026 21:37
León XIV comezou o 2026 pechando o Ano Xubileu que convocara Francisco e celebrando o seu primeiro Consistorio, unha xuntanza co Colexio Cardealicio para ir marcando o camiño futuro da Igrexa.
A diferenza do anterior papa, que preferiu rodearse dun reducido grupo de asesores, Prevost quere involucrar todos os purpurados. Pedíulles unidade, máis aló das comentadas divisións entre reformistas e conservadores.