Publicador de contidos

Publicador de contidos

División na UE ante o plan de considerar 'verde' a enerxía nuclear

División na UE ante o plan de considerar 'verde' a enerxía nuclear

Para tombar a proposta terían que votar en contra 20 países co 65 % da poboación europea 

España está entre os detractores xunto a Alemaña, Dinamarca e Luxemburgo, entre outros

G24.gal 03/01/2022 21:24

Enviada o 31 de decembro, a proposta da Comisión Europea para financiar a transición climática considerando sostibles os investimentos en energía nuclear e gas natural, dividiu os países europeos. Os votos destes, xunto ao da Eurocámara, son necesarios para que entre en vigor.

A Comisión cualifica a nuclear como sostible e necesaria para reducir as emisións de CO2. Unha denominación que lle permitiría recibir fondos europeos millonarios, pero que xa rexeitan España xunto a Alemaña, Dinamarca e Luxemburgo. Francia e Polonia son os principais defensores da proposta. Austria ameaza con levar ante os tribunais a proposta da Comisión.

O Executivo comunitario deulles de prazo ata o vindeiro día 12 para presentar observacións ao plan co obxectivo de aprobalo este mesmo mes de xaneiro. Despois, deberán validalo o Consello da UE  e a Eurocámara, nun proceso que pode alongarse ata 4 meses.

Bruxelas decidiu apoiar a enerxía nuclear e o gas natural para impulsar a transición ecolóxica da UE e favorecer o desmatelamento da industria do carbón.

Porpón que se consideren sostibles os investimentos nas centrais nucleares que reciban permiso de construcción ata 2045, sempre que se constrúan cemiterios para xestionar os residuos. Este tipo de cemiterios aínda non existen pero, a partir de 2024, Suecia e Francia teñen previsto construílos.

Bruxelas quere que tamén reciban a etiqueta verde os investimentos en plantas de gas natural con permisos concedidos ata 2030, se emiten menos de 270 gramos de Co2/kWh ou menos de 100 gramos de Co2/kWh en plantas xa existentes.

Segundo o Executivo comunitario, a proposta é "pragmática e realista" para conseguir a neutralidade climática en 2050. 

Parece "pouco probable" que os países tumben a proposta xa que cumpriría a oposición de vinte estados membros que reúnan alomenos o 65 % da poboación europea, o que se coñece como "maioría cualificada inversa".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos