Cargando resultados...
Lautaro asina a súa mellor actuación coa camisola do Celta B
A tripla goleadora diante do Eldense permítelle ao filial viaxar en vantaxe na eliminatoria para o partido de volta
G24.gal
05/06/2023 21:16
O Celta B tamén parte con vantaxe na súa eliminatoria do play off de ascenso á segunda división. Gañou 3-2 ao Eldense en Balaídos.
Os de Claudio Giráldez tiveron numerosas ocasións de gol e Lautaro foi o protagonista celeste ao anotar un hat trick. Os vigueses defenderán a renda a favor en Elda o vindeiro sábado ás sete da tarde. Para o filial do Celta xogar esta promoción é todo un premio, a motivación é máxima.