Publicador de contidos

Publicador de contidos

Larsen: "O meu obxectivo é chegar a un club que non sexa sempre inferior"

Larsen: "O meu obxectivo é chegar a un club que non sexa sempre inferior"

Nunhas declaracións recollidas por NRK, o dianteiro abre a porta á súa saída do Celta este verán

Despois de toda a repercusión publicou na súa conta de Instagram un comunicado no que fala de que "as preguntas e respostas que se fixeron non foran ben entendidas"

G24.gal 26/03/2024 17:10 Última actualización 26/03/2024 17:18

O dianteiro do Celta, Jorgen Strand Larsen, actualmente concentrado coa súa selección, abriu a porta a unha posible saída do club celeste este verán. Nunhas declaracións recollidas por NRK (radiodifusión pública de Noruega), o ariete expresou o seu desexo de dar un paso adiante lonxe de Vigo na súa carreira deportiva.

"Falta moito para o verán, así que o obxectivo é marcar en todos os partidos ata entón. Se o consigo, pode ser un verán divertido".

O dianteiro noruegués expresou a súa ambición de xogar nun equipo de maior nivel.

"Aínda non xoguei nun bo equipo, así que o meu obxectivo é chegar a un club que non sexa sempre inferior cando hai un partido". 

O noruegués, que chegou ao Celta no verán de 2022 procedente do Groningen por unha suma próxima aos 12,5 millóns de euros, foi peza clave no equipo galego esta tempada.

Reacción do xogador nas súas redes sociais

Unha vez comprobada a repercusión que tivo a entrevista o propio Strand Larsen lanzou un comunicado na súa conta de Instagram na que fala de que "as preguntas e as respostas non foron ben entendidas" e asegura que nunca "faltaría ao respecto ao Celta e os seus afeccionados".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar