Publicador de contidos

Publicador de contidos

A nova xeración pide paso no España-Brasil (3-3)

A nova xeración pide paso no España-Brasil (3-3)

Lamine Yamal (16 anos) foi o máis destacado en ataque da selección española

Endrick (17 anos) saíu no segundo tempo e marcou o gol do empate

G24.gal 26/03/2024 22:33 Última actualización 26/03/2024 23:29

O amigable entre España e Brasil serviu para confirmar a gran revelación do fútbol español nesta tempada. Lamine Yamal, aos 16 anos, marcou o ritmo da selección española e xerou case todo o perigo do seu equipo pola banda dereita. 

Era un partido especial para o centrocampista Rodri ao que Morata lle cedeu a braceira de capitán logo do falecemento do seu avó. O penalti forzado por Yamal transformouno o xogador do City. 

O mellor detalle do partido foi o golazo de Dani Olmo. Unha brillante acción individual que rematou cun tiro pola escuadra. Antes do descanso Rodrygo aproveitou un erro monumental de Unai Simón para recurtar diferenzas (2-1). 

No segundo tempo a entrada de Endrick (17 anos) centrou toda a atención. O xogador que asinou o Real Madrid tardou cinco minutos en ver porta cun remate cruzado á saída dun córner. 

A cinco minutos do final Carvajal foi derrubado na área diante das protestas dos xogadores brasileiros. Rodri volveu a asumir a responsabilidade e anotou o segundo na súa conta. 

Quedaba tempo para un gol máis logo dun penalti claro cometido por Carvajal sobre Galeno no 95 e transformado por Lucas Paquetá. Os seareiros gozaron cun partido de moitos goles e no que a nova xeración de futbolistas deu mostras do seu talento. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade