Publicador de contidos
Publicador de contidos

Koldo García planta a comisión das máscaras do Parlament balear

Koldo García planta a comisión das máscaras do Parlament balear

Ás 11:30 horas está prevista a comparecencia de Ábalos, que si que confirmou a súa asistencia

G24.gal 24/05/2024 09:48

A comisión de investigación no Parlament balear sobre a compra de material sanitario en pandemia desconvocou a sesión en que estaba prevista a comparecencia de Koldo García Izaguirre, ao non presentarse o comparecente na Cámara balear.

O Parlament citara ás 09:00 horas o exasesor do exministro José Luis Ábalos, pero García non confirmara a súa asistencia; tampouco a descartaba nin deu resposta de ningún tipo á Cámara autonómica.

A comisión deu uns minutos de marxe esperando unha posible chegada con atraso que non se produciu, polo que quedou desconvocada a sesión.

Os deputados volverán reunirse ás 11:00 horas para aprobar as últimas modificacións no calendario de traballo que propuxeron PP e Vox. A reunión comezará cun minuto de silencio polas vítimas do derrubamento en Praia de Palma.

Ás 11:30 horas está prevista a comparecencia de Ábalos, que si que confirmou a súa asistencia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade