Publicador de contidos

Publicador de contidos

Koenen decide no último cuarto a terceira vitoria do Baxi

Koenen decide no último cuarto a terceira vitoria do Baxi

O equipo ferrolán gaña na pista do Zaragoza (65-72) logo dun partido moi igualado

Koenen, estelar con 19 puntos (9 no último cuarto) e 9 rebotes

G24.gal 28/11/2021 20:50

Nove puntos consecutivos de Taylor Koenen no último cuarto marcaron a diferenza no terceiro triunfo do Baxi Ferrol na temporada logrado na pista do Casademont Zaragoza (65-72).

Diante dun rival que lle sacaba tres triunfos o Baxi ofreceu a mellor versión da temporada. Foi un encontro igualadísimo como demostran os parciais: 21-21, 34-36 ao descanso e 53-55 no final do terceiro cuarto. No derradeiro mandaba Zaragoza (59-58) cando apareceu Koenen, que acabou con 19 puntos e 9 rebotes. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade