Publicador de contidos

Publicador de contidos

Kevin Vázquez: "En Balaídos temos máis fútbol que puntos"

Kevin Vázquez: "En Balaídos temos máis fútbol que puntos"

O canteirán non quixo falar da súa renovación a pesar de terminar contrato o próximo 30 de xuño de 2022

G24.gal 15/11/2021 18:15

O lateral dereito do Celta, Kevin Vázquez, que apunta a titular fronte ao Vilarreal pola baixa do capitán Hugo Mallo, considera que o seu equipo está “a facer mellor fútbol” en Balaídos que nos partidos a domicilio, pero “os resultados non están a chegar”.

Vázquez afirmou que está “cansado” de xogar os luns: “Parece que o Celta é o equipo comodín porque nos poñen moitos luns”. O lateral espera aproveitar a súa oportunidade para gañar a confianza de Coudet, e puxo como exemplo o sucedido co internacional sub21 Fran Beltrán, que gañou “moito protagonismo” no equipo nas últimas xornadas.

O canteirán, que non quixo falar da súa renovación a pesar de terminar contrato o próximo 30 de xuño de 2022, apoiou a petición de Coudet para que o club mobilice a xente coa intención de encher Balaídos. “Queremos transmitir ilusión aos afeccionados. A segunda metade do partido contra o Barça é desas que fai afección, e todos queremos xogar nun Balaídos cheo.

 

 

 
 
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade