Jutglá remata cunha serie de seis meses sen marcar
O dianteiro catalán emociónase ao marcar o seu primeiro gol co Celta
Ás veces o bo faise esperar. Iso é o que debe pensar Ferrán Jutglá despois de estar seis meses sen marcar un gol. Unha seca á que puxo fin este domingo no Sadar, cun dobrete ante Osasuna que permitiu ao Celta sumar os seus primeiros tres puntos da tempada.
Celtistas, @JutglaFerran ten unha mensaxe para vós 🤳 pic.twitter.com/mNzQ312NjW
— Celta (@RCCelta) October 26, 2025
O primeiro gol do catalán, un para enmarcar, de vaselina, sacáballe as bágoas, de emoción. A emoción albiscábase nas súas palabras.
"Moi feliz, o equipo merecía isto. Viñamos traballando moi duro e hoxe é unha vitoria que nos reforza moito como equipo, como colectivo e espero que sexa un punto de inflexión".
Espera que sexa o primeiro de moitos.
"Eu sempre tento achegar ao equipo, se non podo con goles con traballo, pero tiña moitas ganas de marcar para axudar o equipo".