Julian Schuster avisa de que o Celta "xoga moi ben ás costas da defensa"
O técnico alemán admitiu “o golpe” que supuxo a última derrota ante o Bayern de Múnic
Foto EFE
Julian Schuster, adestrador do Friburgo, ve os seus xogadores “moi motivados” para lograr un bo resultado no partido de ida dos cuartos de final da liga Europa deste xoves ante o Celta no seu estadio.
“Esperamos un equipo que teña a posesión, que xogue ben ás costas da defensa. Será fundamental para nós adaptarnos constantemente ás súas variantes porque é un equipo que cambia moito os seus perfís durante o partido. Non será un partido doado, pero o grupo está moi motivado”, indicou.
En conferencia de prensa, o técnico alemán admitiu que “o golpe” que supuxo a última derrota ante o Bayern de Múnic, que asaltou o Europa-Park Stadion de Friburgo tras levantar un 2-0 na recta final do encontro con goles nos minutos 81, 92 e 99.
“Animicamente foi un golpe duro, pero o partido de mañá será diferente. É outro rival, outra competición. Non podemos pensar máis no que sucedeu o sábado”, sinalou Schuster, quen pediu o apoio dos seus afeccionados.