Cargando resultados...
José Ángel amplía ata o 2026 o contrato que o une ao Deportivo
O centrocampista sevillano foi un dos xogadores máis empregados por Idiákez
G24.gal
30/06/2024 19:24
O centrocampista José Ángel ampliou un ano máis o contrato que o unía ao Deportivo. O sevillano, que remataba ao final desta temporada, vestirá a camisola azul e branca ata o 2026. José Ángel foi un dos xogadores máis empregados por Idiákez. Só Pablo Martínez e Villares estiveron máis minutos sobre o céspede ca el. Unha peza imprescindible no centro do campo.
Falamos dun xogador veterano -32 anos- cunha ampla traxectoria na Segunda División. Pasou polo Almería, Cartaxena, Alcorcón e Tenerife antes de chegar a Riazor. A súa experiencia pode ser fundamental no regreso do cadro coruñés á categoría de prata do fútbol español.