Javier Maté confía na calidade dos porteiros do Celta
"O único que fixeron foi cometer dous erros no control", comentou a Televisión de Galicia o exporteiro do cadro vigués
Javier Mate pasou polos micrófonos da Televisión de Galicia para analizar a situación da portería do Celta. Moito se está a falar da necesidade de asinar outro gardameta antes do final do mercado de verán polas dúbidas que espertaron Iván Villar e Radu nos partidos amigables.
"É moi doado criticar os porteiros", comentou Maté. "O único que fixeron foi cometer un erro no control dun balón, pode pasarlle a calquera", dixo o mítico porteiro do conxunto vigués.
Javier Maté considera que "deben ter a personalidade para asumir esas críticas. Se non veñen abaixo, os dous son válidos", e entende que a afección "non debe comezar a tempada con sospeitas baixo os paus, hai que confiar neles".