Javier Iglesias Villanueva: "Avisáronme do ascenso no supermercado e xa non sei o que merquei”
Despois do seu ascenso á Primeira División, tivemos a fortuna de contar con Javier Iglesias Villanueva nos micros da Radio Galega para analizar como foi o camiño ata aquí e como tomou a boa nova, collendo a remuda do seu irmán Nacho.
Enterouse no supermercado
“Avisáronme do ascenso cando ía ao supermercado xa non sei o que merquei. Non dá para facer unha comida normal, seguro. Aínda estou nunha nube”
“Logo fun a casa dos pais e chorei con eles da alegría”
“Sabiamos que había opcións de ascender a Primeira e máis despois de ser designados para o partido do play off do derbi canario entre Tenerife e Las Palmas, un partido precioso”
Un irmán que abriu camiño e aconsellou
“Eu por sorte teño o meu irmán Nacho, co que discuto moito de xogadas. Hai uns anos, cando deu o pregón en Pontedeume, dixo unha frase preciosa: ‘Ás veces as cousas só hai que soñalas’ e desde aquel día eu soñei máis ata poder cumprir agora un soño”
Unha ilusión para Primeira
“Faríame ilusión asubiar un partido en Elx porque foi o segundo no que fixen un partido en Segunda e foi cando me decatei de que verdade chegara ao fútbol profesional”
